Manuel Antonio

A alba nova sorprendeume
cacheando entre los luceiros
unha despedida que se me perdeu

Manuel Antonio


As rúas, de noite, teñen un aspecto de pervertimento e de deformidade en segredo (istes cines de putas pintadas; istas tabernas semimisteriosas; istes mangantes que van matando en borrachera as horas noiturnas de descanso; as carcaxadas histéricas que saen do fondo de calquer curruncho; unha puta calexeira que che aborda temerosamente, c’ unha escitante fracasada; os mariñeiros eistranos que pasan falando falas descoñecidas; as luces adormentadas dos barcos da badía).

Manuel Antonio



Navy Bar

Este bar ten balances
…E tamén está listo
pra se facer á vela

…Encheron-nos o vaso
con toda a auga d’o Mar
pra compor un cock-tail de horizontes

…Pendurados d’as horas
…atlas xeográficos d`esperantos
están sin tradución
…E tatexan as pipas
c’o ademán políglota d’as bandeiras

…Ese cantar improvisado
………………………………é o mesmo
que xa se improvisou n-algures

…Quen chegou avisando-nos
d’esa cita noiturna que temos
c’o vento ao N E
n-a encrucillada d’as estrelas apagadas?

…Eiquí bebe de incónito
O Mariñeiro Desconecido
…-sin xeografía nin literatura-
…A noite d’os naufraxos
…c’o seu brazo salvavidas
…aferrará con nosco unha vela de chuvascos

…O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas

…Pol-as ruas dispersas
ibamo-nos fechando
cada un dentro d’a sua alta-mar

…N’o repouso d’algún vaso
todal-as noites naufraga o Bar. 

Manuel Antonio Pérez Sánchez



Nos bordeis xa saben
que a nosa moeda
ten o anverso de ouro
e o reverso sentimental
Os ecos imprevistos
do noso cantar sonámbulo
apagarán os focos de madrugada
Mañá despertaremos
na ausencia desta xornada
Esquivouse unha folla
do diario efusivo

Manuel Antonio




Xa non vira o vento
por que a noite fechou tódalas portas

Manuel Antonio



















No hay comentarios: